Blogia
Andresadas

Soldier boy: onde a dulzura supera a tiranía...

Se queredes escoitar a canción, tedes o reproductor de Castpost enriba, baixo o texto de benvida do weblog.

Clica aquí para descargar esta canción popular alemana: Soldier boy

Esta fermosa muller que vedes na imaxe, é Susanne Christian, actriz dalgunhas películas alemanas. En 1957, coñeceu a Stanley Kubrick, durante a rodaxe de Senderos de gloria. Casaron o ano seguinte. Este fotograma, mostra o que para min (na miña escasa sabedoría de cinema) é unha das millores escenas da gran pantalla.

Esta xove alemana atópase rodeada de soldados que se mofan dela... Cando empeza a cantar unha dulce canción en alemán, os soldados van quedando abraiados co tema, e calan estupefactos, centrando a súa mirada cara a rapaza... Un soldado comeza a tararear a melodía da canción. Todos lle seguen. Deste xeito, mostráse como a dulzura e a melancolía poden superar á intolerancia e a brutalidade humana que, ás veces, aparece sen avisar..

0 comentarios